mércores, 18 de novembro de 2015

Que son os legumes e por que son importantes?

Os legumes son cultivos leguminosos anuais que producen entre un e doce grans ou sementes de tamaño, forma e cor variables dentro dunha vaina, os que se utilizan para alimento e forraxe. O  termo legumes  limítase aos cultivos cultivados de maneira exclusiva para gran seco, polo que quedan excluídos os cultivos cultivados verdes para alimento, que se clasifican como hortalizas, así como os cultivos utilizados principalmente para a extracción de aceite e os cultivos leguminosos, que se utilizan exclusivamente para fins de sementa (baseado na definición de ?legumes e produtos derivados? da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura).

Os cultivos leguminosos como as lentellas, as fabas, os chícharos e os garavanzos son un elemento fundamental do cesto de alimentos. Os legumes son unha fonte esencial de proteínas e aminoácidos de orixe vexetal para a poboación de todo o mundo, e débense consumir como parte dunha dieta saudable para combater a obesidade e previr e axudar a controlar enfermidades como a diabetes, as afeccións coronarias e o cancro; tamén son unha importante fonte de proteína de orixe vexetal para os animais.

Ademais, os legumes son plantas leguminosas que teñen a propiedade de fixar o nitróxeno, o que pode contribuír a aumentar a fertilidade do chan e que teñen efectos positivos no medio ambiente

Artigo relacionado:

2016 Ano Internacional dos Legumes

Ningún comentario:

Publicar un comentario