venres, 20 de novembro de 2015

Dereitos dos nenos

A Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) recoñece claramente o dereito de todos os nenos e nenas (menores de 18 anos) a un nivel de vida axeitado. E é un tratado xuridicamente vinculante, ou o que é o mesmo de obrigado cumprimento. O 20 de novembro é o día da súa celebración.
Aquí temos os dereitos ampliados   ou  a partir da  Declaración dos Dereitos do Neno  deseñada por Eglantyne Jebb:

1- Todos os nenos e nenas do mundo deben desfrutar dos mesmos dereitos sen que haxa discriminación pola súa orixe, sexo, idioma, relixión, posición económica ou familiar. (igualdade)

2- Todas as nenas e nenos teñen dereito a ter un nome e unha nacionalidade dende o momento do seu nacemento para identificalos e diferencialos doutras persoas.

3- Teñen dereito a ter acceso aos servizos sanitarios precisos, así coma á alimentación e vivenda. (saúde)

4- Teñen dereito a ter unha familia que lles ofreza apoio e orientación segundo a súa idade. No caso de non existir esta familia, serán as autoridades as encargadas de coidar deles.

5- Recoñécelles o seu dereito a recibir unha educación que lles garanta as mesmas oportunidades a todos.

6- Dereito a xogar e a desfrutar da cultura e do arte.

7- Dereito a recibir coidados especiais, sanitarios, de atención e educativos no caso de que os menores teñan algún tipo de discapacidade.

8- Teñen o dereito de seren especialmente protexidos para poder desenvolverse axeitadamente tanto física, coma mental, moral e socialmente.

9- Deben ser os primeiros en recibir protección e auxilio.

10- Teñen o dereito a ser protexidos de calquer forma de explotación, crueldade e abandono.

11- Dereito a seren educados na solidariedade, comprensión, amizade e xustiza entre os pobos.

12- Teñen o dereito a denunciar, sós ou con axuda, todo o que lles fagan, a eles mesmos ou a outros nenos, e todo o que está mal ó seu arredor.

Ver Dereitos do neno na wikipedia

Ningún comentario:

Publicar un comentario